Setembro 2010
L M M X V S D
« Xuñ    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  

Páxinas

Categorías

Arquivos

Agora estamos

En Caamouco.Net

55. Un caso incomprensible

De tódolos xuizos aos que asistín este é o  máis estraño e difícil de todos.

Neste xuizo había tres acusados, e só un era culpable. O primeiro acusado ou ben declarou que era inocente, ou ben que era culpable, pero non lembro que. Despois o segundo acusado ou ben declarou que era [...]

20. Eses nenos ...!

Imos seguir coas adiviñas de Iván:

Un destes catro nenos rompeu unha ventá e sábese que o que o fixo minte, e que polo menos un dos outros tamén está mintindo.

Tendo en conta que A di que el non foi, que B declara que foi el, que C afirma que A non [...]

19. S.O.S en alta mar.

Tamén de Iván:

Hai 15 persoas atrapadas nun barco que se vai afundir dentro de 20 minutos. Dispoñen dun caiuco no que caben 5 persoas, e un viaxe de ida e volta a terra firme dura 9 minutos ¿cantas persoas poderán salvarse?

A solución da adiviña 19 publicarémola con ocasión da próxima edición [...]

18. A noria

Outra de Iván

Unha noria con 10 cabinas de dúas prazas xira de forma que cada minuto unha das cabinas chega á plataforma de saída. Se empezou a funcionar ás 10:00 horas e pechou 30 minutos despois ¿a cantas persoas puido acoller como máximo?

A solución da adiviña 18 publicarémola con ocasión da [...]

17. Unha de irmáns

Esta tamén é de Iván, estimado alumno:

Dous irmás están falando tranquilamente:

- Irmá, se me quitara dous anos de idade e chos dira a ti, terías o dobre da miña idade.

- E si te quitaras tres anos e mos dises, irmanciño, tería o triple da túa idade.

16. Unha de gatos e ratos

Esta contouma un alumno hoxe mesmo. Vai: cinco gatos cazan cinco ratos en cinco minutos.  Cantos gatos necesitaríamos para cazar cen ratos en cen minutos?

Solución á adiviña 15:  Dicir “P é falso a menos que Q” non é senón outra maneira de dicir “Se P entón Q”. (Por exemplo, dicir “Non quero ir ao [...]

15. Unha variante dun vello proverbio.

Un vello provervio dí: “Unha teteira vixiada nunca ferve”. Agora ben, ocorre que eu sei que iso é falso; unha vez vixiei unha teteira colocada no lume, e con toda seguridade ferveu finalmente. Pero, ¿que dicir do seguinte proverbio?

“Unha teteira vixiada nunca ferve a menos que se vixíe”. Establecido do modo máis preciso, [...]

14. Un problema de tempo.

Un tren sae de Madrid para Ferrol. Unha hora despois outro tren sae de Ferrol para Madrid. Os dous trenes van exactamente a mesma velocidade. ¿Cal dos dous estará máis cerca de Ferrol cando se atopen?

Solución á adiviña 13:  Como di O de Curmá, o indio adulto é a nai do indieciño.

13. Unha de indios

A verdade é que non vos vexo polo labor de atopar a illa de Baal. Imos ter que pospoñer a súa busca. Para ver se vos animades propóñovos unha nova adiviña.

Esta vai de indios: dous indios americanos, un neno e outro adulto, están sentados nun tronco, o indieciño é fillo do adulto pero o [...]

12. Á procura do absoluto II. A segunda illa.

Nesta illa, dous nativos A e B, dixeron:

A: Nós somos escudeiros, e esta é a illa de Maya.

B: Iso é verdadeiro.

¿É esta a illa de Maya?

Solución á adiviña 11: Supoñamos que B é cabaleiro. Entón esta é a illa de Maya e A é escudeiro (lembrade que os cabaleiros din sempre a verdade). Por conseguinte, o [...]