Marzo 2010
L M M X V S D
« Feb    
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Páxinas

Categorías

Arquivos

Agora estamos

En Caamouco.Net

Margarita

Lembrades como era o Redes daqueles tempos? Digo “tempos”, porque xa non son capaz de discernir límites no continuo do meu pasado remoto. E o de remoto non é capricho nin recurso literario, e que xa case fai cincoenta anos.  O Redes das galiñas polas rúas, o do cheiro a patexo e a brea, o das [...]

A cabana do Chairo

A Cabana que había na rebanqueira do Portiño é unha desas cousas pequenas que, a saber por que, permanecen intactas na memoria por moitos anos que pasen.

Lembro que foi precisamente alí onde nos xuntamos para fumar ata a nausea os paquetes de Celtas emboquillados que fóramos comprar ao estanco de [...]

Moro

Tiña sete anos cando comecei na escola de Seselle. Só recordo que me acompañase o meu pai o primeiro día, logo fun sempre só, como un homiño, coa miña carteira de coiro. O camiño non se me facía longo, entretíñame con calquera cousa. Daquela época, e do ir e vir á escola, aínda conservo unha [...]

Pegaso

Non estamos sós. Hai alguén aí fora. Chegan do espazo exterior e acubíllanse no máis íntimo da nosa existencia, no fondo escuro da nosa conciencia, das lembranzas máis queridas, dos máis desacougantes pesadelos. Chegan un día e quedan para sempre. As veces teñen rostro e nome, outras veces [...]

Onde está ese peso?

O que vos vou contar pasou fai moito tempo, pero seguro que hai quen o lembra. Certo día paseaban polo Pedregal tres vellos. Un deles, ao que chamaremos Paco o Tatexo, era moi ocorrente. Vendo rondar un raparigo pola praza, chamouno. Ao chegar o neno onde os vellos , o Tatexo, botando un sonoro peido, [...]

Un triste conto de medo

Sería un conto se non fose certo. Pero o que vos vou contar non é cousa de contos, eche unha historia ben triste e ata de chorar.
Fai moito tempo vivía no PortoDeRedes unha familia que tiña un fillo aqueixado dunha estrana doenza que requería continuos coidados. O neno estaba ao cargo da nai, [...]

As tres nogueiras

¿Quen pode saber no que pensaba mentras baixaba do tren na estación de Franza? Estivera fora moitos anos pero aínda recoñecía os lugares e á xente coa que se cruzaba. Decidira non ir polo tunel, quería ter máis tempo para pensar e ir descubrindo pouco a pouco aquela realidade detida no tempo, como se estivese [...]

Clandestinos

Corría o ano 77, era noite. Cinco sombras esvaraban polas estreitas rúas da vila procurando non facer ruído, agochándose tralas esquinas, presentindo mil perigos ocultos ao outro lado das portas e das cortinas. Cinco corazóns batendo a un tempo, como unha grea de cabalos desfreados. Alguén trouxera un caldeiro coa cola e unha brocha para [...]

Unha pomba no cortello

Nacera en Ares, pero a súa vida incrustárase de tal xeito na paisaxe humana da vila que case non podía entenderse a unha sen a outra. Sempre fora un home delicado, amable e o mesmo tempo distante. Dende pequeno soñara con chegar a ser alguén importante lonxe daquel pobo miserento, daquela xente embrutecida. [...]

Pantasmas no faiado

Era aquel un tempo escuro, de luz de vela e candeeiros. Teño gravada a imaxe da miña avoa embutindo chourizos ao carón da bilbaína unha noite de outono en que, como tantas outras, a luz de centovinte perdérase no transformador da fonte e agardaba a que Angel dese con ela. De neno tiña [...]