Setembro 2010
L M M X V S D
« Xuñ    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  

Páxinas

Categorías

Arquivos

Agora estamos

En Caamouco.Net

Rabela´s Music (Top 5)

RABELA´S MUSIC

Top 5

Brahms Hungarian Dance No. 5//Brahms Symphony No.3 – Poco Allegretto




Debussy Clair de lune

A nosa CLASIFICACIÓN Os nosos favoritos en Youtube

1. Ike & Tina Turner Rolling On The River (19893)

2. Sonny Boy Williamson Bring It On Home (10889)

3. Lhasa de Sela Love Came Here (7465)

4. Jorge Cafrune Mi Luna Cautiva (7286)

5. Billy Corgan Dancing In The Moonlight (6921)

NOVAS

Xa temos 854 vídeos !!!!

Os nosos vídeos en Youtube van polas 461.885 reproducións

Tamén nos gusta

Symphonie Nr.1 “Titan” Gustav Mahler


Mozart Eine kleine Nachtmusik //Giuseppe Verdi Aida – Marcia Trionfale (Triumphal March)// Rossini La Gazza Ladra

Auto Draft

In cosa crede chi non crede? I


O libro divídese en dúas partes que despertan en nós un desigual interese. A primeira (Diálogos) -á que imos referirnos hoxe-, desenvólvese no marco dunha disputatio escolástica entre o afamado cardeal Carlo María Martini e un pouco incisivo Umberto Eco. Só ao final logramos albiscar una resposta á cuestión que o título da obra plantexa. As primeiras e tediosas réplicas e contrarréplicas somérxennos nunha intranscendente eséxese bíblica e nunha non menos insubstancial disputa inter pares, na que as tormentosas cuestións plantexadas (vexata quaestio) interésanse por temas cuxa substancia é difícil de apreciar: “se o termo Elohim que aparece ao principio da Xénese é singular ou plural, e si nos di gramaticalmente se Deus tiña sexo”. Non pretendo negar que discusións desa índole teñan una certa gratia sermonis, pero o certo é que, máis alá da erudita referencia e da “gracisosa” ocorrencia, non atopo a estas alturas do diálogo nada que apunte na dirección dunha resposta.

Imos centrarnos no meollo da exposición de Martini. Se interpreto  axeitadamente o trasfondo argumental do seu discurso, este pretende xustificar  as súas crenzas demostrando a necesidade da existencia de Deus a partir da proba ético-moral ensaiada por Kant; é dicir, afirmando que só a existencia de Deus pode colmar as aspiracións éticas do home. Doutro xeito, segundo Martini, a existencia dunha conciencia moral demandaría a existencia de Deus.

Por entreternos un pouco, ocórrese que a relación entre a existencia da conciencia moral e a existencia de Deus admite tres posibles interpretacións: a) que a relación de consecuencia se estableza como un simple condicional cuxo antecedente é a existencia da conciencia moral. b) que sexa e existencia de Deus o antecedente e c) que Martini estea a enunciar un bicondicional que esixe a concorrencia de ambos extremos no mesmo nivel de prevalencia. É evidente que a validez da terceira interpretación depende da pertinencia das dúas primeiras, sendo así que se unha delas resulta infundada ou contradictoria, a terceira debe ser rexeitada. Por outra banda, a segunda interpretación afástanos da argumentación (proba ético-moral) e convídanos a xustificar a priori a existencia de Deus; o cal, como sabemos, non pode aceptarse como proba. Do que levamos dito despréndese que só a primeira interpretación debe ser tida en conta. Prestémolle, xa que logo, a debida atención.

Da primeira interpretación dedúcese o seguinte: a) dase por suposta a existencia dunha conciencia moral e b) a existencia de Deus non é causa senón consecuencia da existencia daquela. O argumento pode abordarse ou ben admitinto o condicional proposto ou rexeitandoo. Do primeiro caso, é dicir, “se existe a conciencia moral entón existe Deus”, infírese que a non existencia da conciencia moral, a negación do antecedente, non conduce inexorablemente á negación do consecuente; pero, non é menos evidente que tampouco nos permite concluír a afirmación deste (a existencia de Deus). Do que resulta que, se non existe a conciencia moral, non ten porque existir necesariamente Deus. De forma que a forza do argumento depende, única e exclusivamente, da afirmación do antecedente. En calquera caso, a cuestión non é se existe ou non a conciencia moral –o que se da por suposto-, senón, máis ben, se esta existe necesariamente, pois só así poderiamos afirmar que Deus non podería non existir. É incontestable que a conciencia moral só pode darse nun suxeito consciente e, máis precisamente, nun suxeito humano. Pero a continxencia humana nega a posibilidade dunha existencia necesaria, o que invalida o argumento. Noutras palabras, se o home non existe necesariamente, a conciencia moral é tamén continxente e, polo mesmo, Deus pode non existir. Logo, curiosa e paradóxicamente, a admisión do condicional condúcenos ao seu rexeitamento, xa que da existencia da conciencia moral -continxente, como o suxeito na que esta se da- non se pode deducir a necesidade da existencia de Deus.

Chegados a este punto, habería que plantexarse unha cuestión que na obra de referencia non se debate: “Por que cren os que cren?”, pois non se ve razón algunha que poida esgrimirse como sustento da fe.

Sor Ethel Sifuentes

Elogio de Sor Ethel

www.7dias.com.do

Alfredo Prieto

naughty-nunSor Ethel Sifuentes terminó su labor yendo al baño de hospital para su acostumbrado ejercicio de lavarse las manos en una palangana de peltre con agua de rosas. Ese día había atendido a siete pacientes consecutivos que, entre el asombro y el estupor, se habían sentido en un oasis que los transportó de golpe a su temprana adolescencia y a la primera vez que se les pusieron los ojos en blanco ante el estruendo mudo del sexo en solitario.

La hermana pertenecía al Cuerpo de Pajilleras del Hospicio de San Juan de Dios, una piadosa iniciativa aprobada en 1847 por el Obispo de Málaga para atenuar los problemas de abstinencia sexual de los enfermos, y que según se afirma llegó a extenderse por España e incluso por varios países de América Latina. Esta noble institución católica, en la que no sólo participaron monjas sino también voluntarias laicas de diversa estirpe, ejercía la labor humanitaria y caritativa de vaciar las cananas de los enfermos con un sentido del pragmatismo que parece haber perdido (si es que alguna vez lo tuvo) el liderazgo vaticano, cuya postura sobre la  sexualidad, la fornicación, la homosexualidad, la masturbación y otros temas humanos parece como un fósil flotante en medio del mar de las secularizaciones.

Leer máis de Sor Ethel Sifuentes

Seguramente Deus non existe

Doce-pruebas-de-la-inexistencia-de-Dios.Sebastien-Faure.Ediciones-Godot
Rabela de Mareantes

A principios do século pasado, un pensador inxustamente esquecido demostrou que o deus do cristianismo é imposible. Sebastian Faure, que así se chamaba, proporciónanos ata 12 argumentos da inexistencia de Deus. Un deses argumentos baséase na evidencia da existencia do mal. Faure distingue entre dous tipos de mal: o mal moral e o mal físico. Os teólogos cristiáns argumentaron, con relación ao primeiro, que Deus creou ao home libre para obrar nun sentido ou noutro. O home é, polo tanto, o único reponsable do mal moral. Aínda que aceptemos o argumento queda pendente a cuestión do mal físico. Cando falamos do mal físico estamos a referirnos á enfermidade, a dor, a morte, aos cataclismos naturais que provovan sufrimentos e horrores inenarrables. Faure pregúntase se o home tamén pode ser considerado reponsable do mal físico. É evidente que non, pois o mal físico non depende da súa vontade, existe a pesar da súa vontade, contra a súa vontade. Que pinta o deus cristián en todo isto? Todo. Di Faure que o deus do cristianismo pretende ser a un tempo omnipotente e sumamente Bo. Pero, si fose omnipotente evitaríalle ao home tanto sufrimento, logo se é omnipotente non pode ser sumamente Bo, pois o mal físico existe. Si podendo evitalo non o evita, será logo que non quere evitalo. E a inversa, se fose sumamente Bo non podería ser omnipotente pois aínda que quere evitalo non o evita, logo será que non pode evitalo. No primeiro dos casos podería pero non querería, pois o mal existe. No segundo caso, querería pero non podería, pola mesma razón. En conclusión, o Deus cristián ou é Todopoderoso ou é o Sumo Ben, pero non pode ser as dúas cousas á vez. Bo pero impotente, poderoso pero perverso. Esa é a tesitura real. Como solventan os cristiáns a dificultade que plantexa a argumentación anterior? Amparándose no misterio, no inescrutable dos designios divinos e toda esa leria; e dicir, apelando á ignorancia. Pero claro, cando tal fan,  están a presupoñer que Deus existe, cando a cuestión é precisamente se existe ou non.
Cando se lle pregunta a alguén se cre en Deus e o que entende por Deus, atopámonos con que cada quen entende a Deus como lle peta, ao marxe, na maioría dos casos, de como o entenden os cregos (dando por suposto que tódolos cregos o entendan do mesmo xeito, que é moito supoñer). En que cren pois os crentes? “Algo ten que haber”, din moitos. E certamente, non é descartable que haxa “algo”, pero o que é absolutamente imposible é que ese “algo” que é probable que haxa sexa o deus cristián.
Semella que a relixión responde á necesidade que teñen algúns de dar un sentido transcendente a propia vida, de que vivir sexa para algo máis, de que esteamos aquí por algo máis. Medo, non é máis que medo e ignorancia. Medo a afrontar a vida tal e como se presenta, medo a recoñecer que é probable que a vida non teña máis sentido que o manifesto; medo, en fin,  a morrer, medo á aniquilación da conciencia, medo a mergullarnos na Nada. Sen embargo, como dicía Epicuro, nada hai que temer da Nada pois a Nada nada é.

Pola ilegalización dos grupos franquistas

n117356714971505_4726http://segurquetomba.wordpress.com/tag/genocidio-franquista/

En España continuan existiendo más de 150.000 desaparecidos en fosas clandestinas y un número indeterminado de niños robados por la dictadura de Franco a sus verdaderas familias, y entregados a otras afines al régimen consideradas como “más adecuadas”. De hecho, la Camboya post Pol Pot es el único país del mundo con más desaparecidos que la España de la transición ejemplar y la jusiticia universal contra los genocidios de fronteras hacia afuera. Este es un Blog sobre los “crímenes contra la humanidad” del franquismo y las denominadas políticas proimpunidad de “memoria histórica” con las que se pretende sustituir el normal cumplimiento de los deberes internacionales de “verdad, justicia y reparación”, hurtando en el camino, sin mucho miramiento, el normal cumplimiento de los derechos humanos de víctimas y familiares tal y como han sido consagrados en el Convenio Europeo de Derechos Humanos y otros instrumentos.

El funcionario también vota

Juan Carlos Escudier

Público.es

Escudier-perfil-corte1Hay tópicos inmutables. Uno de ellos asocia a los funcionarios con chupatintas con cara de estreñidos, que penan tras una ventanilla y se vengan del mundo haciendo la puñeta a quienes se les acercan. El funcionario es la instancia y la póliza, el cancerbero uniformado de los interminables pasillos ministeriales, el estampador de sellos, el ratón parido por la montaña de formularios, el que no pudo ser otra cosa, y, por su puesto, el vago contumaz. A la extensa tradición literaria sobre estos macilentos seres, desde Larra a Pla, se ha superpuesto el desprecio general por el servicio público, y ello ha conformado esta imagen del ocioso al que mantenemos los auténticamente productivos y al que despediríamos si pudiéramos por superfluo y para que sepa lo que vale un peine.

Olvidamos, claro, que funcionarios o empleados públicos son los jueces, los policías y guardias civiles, los médicos y el personal sanitario, los catedráticos de universidad y los profesores de los niños, los bibliotecarios, los conductores del metro y del autobús y hasta los barrenderos. Los habrá ineficaces y caraduras, como entre los periodistas o los fontaneros, pero, siendo cierto que no están expuestos a los vaivenes del mercado laboral y tienen garantizado su puesto de trabajo, ni son tantos –la proporción por habitante es mayor en Holanda, Reino Unido, Alemania, Luxemburgo o Finlandia, por citar algunos ejemplos- ni viven como los marajás de Kapurtala.

La Administración, desde luego, dista mucho de ser perfecta. Los burócratas existen y, posiblemente, este país no pueda permitirse el lujo de multiplicar cada puesto por 17 ni mantener las estructuras de más de 8.000 ayuntamientos. De nada de esto son culpables los empleados públicos a los que ahora se recorta el sueldo, cuya misión en esta crisis ha sido la de consumir para facilitar el crecimiento, por eso de que tenían asegurada la nómina a final de mes.

Zapatero y los sindicatos, que ayer se reunieron para escenificar su divorcio, saben que nadie, salvo sus madres y con dudas, secundaría una huelga general para defender a los funcionarios. Todo lo más, habrá protestas que sentirán los ciudadanos, mientras el Estado se ahorra otro pico con sus paros. Estarían inermes si no fuera porque también votan. Y ahí le dolerá a más de uno.

Hufelands Erbe (O legado de Hufeland)

244539590_d365457546

Rabela de Mareantes

Este non é un libro que poida ler calquera. Definitivamente, non. Sucédense os relatos de terror e as truculentas descripcións dos asañados esforzos de reanimación por parte dos -hai que supoñer- ben intencionados galenos; esforzos e técnicas que as veces son fáciles de interpretar como obscenas e que, en calquera caso, semellan ser inxustificamente crueis (aínda sendo os suxeitos cadáveres aparentes, ou quizais por selo, “aparentes”, claro).

Non máis agradable é o tema tratado nesta breve reseña, obxecto, por outra banda, dunha moi especial atención por parte Jan Bondeson, autor de Enterrado vivo, un libro, por certo, extensamente documentado e exquisitamente redactado:

O legado de Hufeland (Hufelands Erbe)

Como destaca Jan Bondeson, dende finais do século XVIII e ata comezos do XX, unha pantasma percorreu Europa: o medo ao encovamento en vida. Un dos temas máis recorrentes na literatura especializada era o da dificultade para determinar os signos de morte. Na meirande parte dos países centroeuropeos impúxose o restrictivo criterio de que a putrefacción era o único signo de morte seguro. Para evitar o encovamento dos mortos aparentes, e mercé á iniciativa do filántropo alemán Christoph Wilhelm Hufeland, construíuse no ano 1791 en Weimar o primeiro Vitae Dubidae Asylum, ou asilo para a vida dubidosa. A leichenhaus de Weimar iba ser a primeira dunha longa e tétrica lista de depósitos de vixiancia ou hospitais de mortos: Frankfurt, Leibzip, Berlin, Munich, Maguncia, Düsseldorf, Stuttgart, Lemberg, Hamburgo, Viena, Praga, Paris, Copenhague, Lisboa, Amsterdam, La Haya, Roma, Londres e moitas outras cidades e vilas contaban con depósitos por aquela época. Estes centros para casos de morte dubidosa estaban dotados con sofisticados aparellos de sinais e atendidos as vintecatro horas por vixiantes. Os depósitos pronto figuraron entre os puntos de interese desas cidades e “quen os visitaba non marchaban indiferentes, aínda que a sensación dominante era de horror e repugnancia máis que de admiración”.

O libro foi editado por Ediciones B no ano 2002 . Seguro que se apurades aínda chegades a tempo de conseguir un exemplar.

“En defensa da intolerancia”

zizek_intolerancia1

Rabela de Mareantes

Os que estamos obrigados a tratar coa filosofía de séculos pasados -debido á incontestable imposición dunha esixencia contractual da que só a xubilación ou a morte pode liberarnos-, agradecemos como o aire que respiramos a lectura, máis infrecuente do que debera, de obras como esta, onde o pensamento do actual  convértese, por obra e graza da maestría do seu autor, en reflexión intemporal. En apenas 142 páxinas, Zizek ofrécenos unha chea de claves coas que poder interpretar os nunca evidentes resortes da complexa sociedade occidental contemporánea.
Ao abordar o cuestión do hiato entre expectativas e realidade na transición dos países do leste europeo á economía de mercado e ao liberalismo democrático de occidente, Zizek introduce unha distinción que quizais séxanos útil para comprender o papel dos diferentes actores nesta comedia tráxica na que está a converterse a política española: a distinción entre o tonto e o pícaro. Como di o autor, “o tonto é o bufón de corte ao que se lle permite dicir a verdade, precisamente, porque o poder perlocutorio do seu dicir está desautorizado: a súa palabra non ten eficacia sociopolítica”. Por outra banda, o pícaro “é o cínico que di publicamente a verdade, o estafador que intenta facer pasar por honestidade a pública confesión da súa deshonestidade, o granuxa que admite a necesidade da represión para preservar a estabilidade social”. Os pícaros non se ocultan, aínda que hai xente que, por torpeza ou afinidade, insiste en non velos. Pícaro é o Mayor Oreja que para referirse ao franquismo fala dunha “epóca de extraordinaria placidez” xustificando o golpe de estado e a dictadura e, polo tanto, facéndose cómplice de tódalas súas atrocidades. Pícara é a Esperanza Aguirre que considera que a corrupción é consubstancial á política. Pícaro o ministro Gorbacho que sen empacho ningún declara que o paro é un problema endémico en España. Pícaro o ex ministro socialista Barrionuevo, que despois de ser atopado culpable do execrable crime de terrorismo de estado aínda, e recentemente nun programa de TV, atopa razóns para distinguir entre un terrorismo malo e un terrorismo non tan malo, é dicir, o seu. O tonto? Cayo Lara entrevistándose co rei de copas cun pin republicano na solapa. Zizek pregúntase se estamos condenados a alternativa de ter que elixir entre o pícaro e o tonto (ou tal vez -o que é máis real-, entre un pícaro e outro). Ou cabe un tertium datur?

Solipsismus convictoris

cd_149

Rabela de Mareantes

Repasando as memorias de Wasianski sobre Kant -as que supostamente recolle Thomas de Quincey en The Last days of Kant-, á altura da páxina 41 da edición de Felmar do ano 1975, atopeime, nunha nota a pé de páxina escrita polo propio Quincey, cun misterio que xa tiña esquecido e que nunca fora quen de aclarar: cal era a manía de Cowper que Quincey relacionaba coa súa incapacidade de transpirar? Conexión causal que, por certo, o mesmo autor rexeita en Kant, refutando (ou tal vez sen pretendelo dando pábulo a…) “unha retorcida imaxinación, que se ten insinuado algunhas veces”. Na mesma nota, Quincey cita a Reichardt, que, despois de describir ao noso admirado filósofo como “máis seco que o po”, engade un dato do seu carácter que en vez de soster a refutación de Quincey parece invitarnos a interpretala en clave de retorcido sarcasmo. É que, segundo Reichardt, os ollos de Kant, brillantes e penetrantes, “expresaban poderosamente a máis vil sensualidade”. Só hai que sumar, non? E non parece que teñamos que tomar en serio a queixa de Quincey ante tamaña insolencia: “Este último rasgo do seu temperamento está expresado aquí, máis alá de toda dúbida, demasiado desagradablemente”; pois só rexeita a forma en que se expresa e, en ningún caso, o expresado. Nin parece que haxa que dar demasiada importancia á nota 12 da páxina 37 da mesma edición cando, desautorizando a Walianski, afirma que Kant “desaprobaba comer só, ou solipsismus convictoris, como o chamaba…”. Sexa o que sexa, o certo é que a cuestión inicial que suscitou a redacción destas liñas, máis alá dalgunha fundada pero indemostrada sospeita, queda como estaba e, despois de todo, que lle importa a ninguén as manías de Kant?.

Conferencia de Fernando Rosas

Conferencia de Fernando Rosas

25/05/2010 — memoriahistoricademocratica

fernando+rosas6jt_resizeO sábado 5 de xuño ás 19.00 horas, na Galería Sargadelos de Ferrol O historiador portugués Fernando Rosas impartirá a conferencia baixo o título «Salazarismo e Franquismo: da época dos fascismos à crise final. Uma leitura comparada». O profesor Rosas é experto no denominado Estado Novo, rexime ditatorial no que viviu Portugal entre 1933 e 1974. Acto organizado e presentado pola asociación Memoria Histórica Democrática Fernando Mendes Rosas é político, periodista e historiador portugués, dirixente do “Bloco de Esquerda”